O
traballo de flexibilidade de esta semana non a faremos con figuras de ioga,
senón a través de estiramentos.
Os estiramentos, poden resultar un pouco aburridos,
pero son moi necesarios.
O ideal, é que fixéramos unha pequena rutina tódolos
días, tanto nenos como maiores. Así que animade tamén a vosa familia que os
practique con vós, seguro que tamén é beneficioso para eles.
Concéntrate, nos músculos que sintes que estás
estirando. Sábes de cales se tratan?
Algúns dos principais músculos do corpo deberías
coñecelos (xa que o traballamos nas clases), se non te acordas, podes
investigar e buscalos, deste xeito poderás aprender algúns novos e comprobar de
cantos te acordas .
E o reto é...
No hay comentarios.:
Publicar un comentario