O blog de Educación Física dos alumnos e alumnas do CEIP Fonte Escura
miércoles, 29 de abril de 2020
Poñémonos en forma 3
Imos a fortalecer un pouqiño o noso corpo. No vídeo empeza directamente cos exercicios sen facer unha parte de quecemento, e cando facemos este tipo de actividades é importante facelo, así que podes facer un pouco de movilidade articular como facíamos no cole, dar 3 ou 4 voltas a túa casa correndo suave ou facendo distintos tipos de desprazamentos, de lado, reptando, a catro patas, ...
Como xa vos dixen algunha vez, podedes evitar o uso do papel hixiénico utilizando vasos de iogures, bolas de papel usado, pezas de construccións,...
Para o exercicio 4 , recoméndovos, utilizar unha pelota, porque si estás cos vasos de iogur, poden resultar demasiado pequenos.
O ideal sería unha vez finalizado os exercicios, repetilos dúas ou tres veces.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario