miércoles, 29 de abril de 2020

Poñémonos en forma 3

Imos a fortalecer un pouqiño o noso corpo. No vídeo empeza directamente cos exercicios sen facer unha parte de quecemento, e cando facemos este tipo de actividades é importante facelo, así que podes facer un pouco de movilidade articular como facíamos no cole, dar 3 ou 4 voltas a túa casa correndo suave ou facendo distintos tipos de desprazamentos, de lado, reptando, a catro patas, ...

Como xa vos dixen algunha vez, podedes evitar o uso do papel hixiénico utilizando vasos de iogures, bolas de papel usado, pezas de construccións,...

Para o exercicio 4 , recoméndovos, utilizar unha pelota, porque si estás cos vasos de iogur, poden resultar demasiado pequenos.
O ideal sería unha vez finalizado os exercicios, repetilos dúas ou tres veces.



E o reto é ....




Ioga 3

Como todas as semanas imos a traballar un pouco de flexibilidade.

Deixo doús vídeos, podes facer o que máis che guste.




E o reto é ... 
Para os maiores atrapar 10 veces o calcetín paréceme pouco. Podedes ver ata canto aguantades sen que  caia, lanzar e collelo permanecendo en equilibrio a unha perna, lanzar e collelo sentados con pernas no aire tan só apioados  cos glúteos,...



martes, 28 de abril de 2020

Circuito pillo

Aquí deixo un formato novo de facer un circuito. Trátase de intentar  dar un número determinado de voltas, por exemplo 20.
Para iso teremos que tirar un dado.O número que saia indicará dúas cousas:
- O número de voltas que teño que dar ao circuito
- A forma en que teño que realizar o circuito.

No vídeo que vos deixo a continuación, describe como facelo, é só un exemplo, vos podedes crear os vosos propios circuitos, e formas de percorrelo.

O único consello que vos dou é que escribades nun folio os números do 1 ao 6, e cada número acompañado coa maneria correspondiente de facer o percorrido, por exemplo:
Se sae un 1: realizar o circuito botando un balón
Se sae un 2: realizar o circuito desprazándose hacia atrás
Se sae un 3: realizar o circuito levando un peluche entre as pernas
Se sae un 4: realizar o circuito golpeando un globo
Se sae un 5: realizar o circuito desprazándose con mans e pés
Se sae un 6: realizo o circuito o máis rápido posible.


O  reto é.....



lunes, 27 de abril de 2020

Equilibrio

Bos días Rapaces!

Comecemos unha nova semana  da mellor maneira, facendo un pouco de exercicio.

Sabías que o noso cerebro despois de facer actividade física ten un mellor rendemento, ademáis  axúdanos a ter unha mellor saúede cerebral. 
Fíxate nesta imaxe 


No seguinte vídeo, practicaremos actividades de equilibrio. 

Persoalmente, non me gusta utilizar rollos de papel hixiénico, eu os cambiaría por vasos de iogur, peluches, pezas de construccións,....



E o reto é.......


viernes, 24 de abril de 2020

Globos

Os globos dan moito xogo. Moitas veces parara os maiores sobre todo pode parecer moi sencillo, pero sempre hai maneiras de complicar a cousa.

Por poñeros un exemplo para añadir difucultade as actividades:

No voleibol con globos: xogar con dous o tres globos á vez (recordade que tedes un máximo de tres golpeos para poder pasar o globo ao outro campo)

Nos xogos que son de dar o maior número de golpeos: podemos facelo con dous ou tres globos, a unha perna, encima dunha almofada para dificultarnos o equilibrio, levantándonos e tumbándonos no chan evitando que caia, realizar un circuito con obstáculos por casa .... e todo o que se vos ocorra


 E o reto é....    (tamén o podedes facer con boliñas de papel, incluso se poñedes unha caixa  no chan, intentar que caian dentro)



jueves, 23 de abril de 2020

Percusión corporal



O ritmo non só o traballamos en música, en educación física tamén está presente nos contidos que temos que desenvolver.
Primeiro vouvos poñer un vídeo dunha actuación dun grupo que a min gústame moito, chámase MAYUMANÁ. Son uns verdadeiros artistas, tocan, bailan, fan  exercicios ximnáticos, .... mezclando dosis de humor e moita, moitísima creatividade.

O segundo vídeo é un tutorial para aprender un cachiño dun dos ritmos que interpretan estes grandes artistas.







Como para os máis pequenos pode ser un ritmo un pouco complicado, déixovos algún màis asequible.
A practicar!!!



E o reto é



miércoles, 22 de abril de 2020

Coordinación e axilidade de pés

Hoxe toca centrarnos na coordinación de pés, pero ademàis estos exercicios requiren moita concentración, sobre todo ao principio mentres non automatizamos os movemento.

A min gústame moito este tipo de exercicio, polo que veredes que aparecerán máis entradas deste tipo.

Non é a miña intención que fagades todas as variantes que se propoñen. Practicade 5 ou 6 de maneira que  sexades capaces de realizar os movementos dunha maneira fluida.




E o reto é ....



martes, 21 de abril de 2020

Ioga 2

Tódalas semanas dedicaremos un día para o traballo de flexibilidade, relaxación, ...
O ioga,  é unha meneira estupenda de traballar a coordinación, control corporal, flexibilidade entre outras cousas. Dádevos conta que a flexibilidade é a única capacidade física que se non se traballa perdémola según avanzamos en idade. Por iso é importantísimo traballala, e sempre é a gran esquecida.



E o reto é......


lunes, 20 de abril de 2020

Poñémonos en forma 2



Exercitamos o corpo e a mente, cada un no seu nivel. 

A primeira actividade traballamos sobre todo a velocidade de reacción e a atención. 

Para os maiores pode ser un pouco sinxela, pero podemos complicala un pouco. Por exemplo, a persoa que esté facendo con nos a actividade en vez de dicirnos un  a un cada cor, que os diga todos  seguidos e logo executamos a acción.
Outra variante, que nos sirve para facelo se estamos solos ou se queremos algo mais de intensidade sería: colocamos nun estremo do pasillo os círculos de cores, e no outro extremo a tiras de cores.Miramos unha tira atentamente para memorizar a serie de cores, imos correndo  hacia os círculos de cores e executamos a combinación correcta.







Agora toca un pouco de traballo de forza e resistencia





E o reto é .........



viernes, 17 de abril de 2020

Sombras de animais

En Educación física tamén nos convertemos en artistas de vez en cando. Que vos parece aprender a facer figuras de animais coas nosas mans?
Practica e busca unha linterna, unha lámpada ou incluso aproveita o sol os días soleados.
A ver cantas eres capaz de facer.



E o reto de hoxe é ..........



jueves, 16 de abril de 2020

Xogos de orientación I

Imos converternos en buscadores de tesouros. O primeiro que temos que facer é un plano dunha habitación na que poidas estar xogando.
Os nen@s de 1º e 2º tendes dúas opcións:
- Primeira e mais recomendable: facer o plano con axuda dun maior.
- Segunda (que pode ser compatible coa primeira opción): un adulto fai o plano,  e vos buscades o tesouro .

                                                                                             Fonte: Noticiero Pio XII

Mira o vídeo para entender mellor a actividade.


E o reto para hoxe é .........



Cantas pinzas eres capaz de colocar? Se queres complicalo todavía mais, faino desprazándote por un corredor da túa casa. Deixa as pinzas nos extremos e cada vez que chegues coloca unha.

miércoles, 15 de abril de 2020

Poñémonos en forma

Hoxe vouvos a deixar un adestramento sinxelo, pero efectivo onde vas traballar coordinación, forza, flexivilidade e equilibrio.
Como veredes o video que deixo a continuación, ten unha duración de catro minutos aproximadamente. O que deberiades facer é repetilo 3 ou 4 veces, deixando un descanso dun minuto entre serie e serie.
Recordade que para moitos destes exercicios é moi importante manter o abdome contraído, firme, duro (como facíamos cando traballamos acrosport) para evitar malas posturas e lesións.


Se para os máis pequenos vos resulta complexo, propoño outra opción



E o reto de hoxe é............. (moi complicado).


 Cantos rotuladores podes coller? Cóntanolo nos comentarios, ou envía o teu vídeo para ver como o fas

lunes, 13 de abril de 2020

RAQUETAS

Os deportes con raqueta, gústanos moito. Pero, que pasa se non teño unha? Pois facémola, que vos parece? Utiliza cartón, un prato de plástico, ou calquera material lixeiro e ríxido que encontres por casa. (Nos comentarios podes contarnos se fixeches unha)
Na seguinte imaxe aparecen algunhas actividaes que podemos practicar.

                                                                                                     Fuente: Noticiero Pío XII


E o reto para hoxe, tamén está relacionado coas matemáticas (para facer exercicio mental tamén).

Variantes para o reto:
- Para os nenos e nenas de primeiro e segundo, so o faremos con sumas e restas.
- Cada vez que levemos as cartas, temos que desprazarnos de maneiras distintas: desprazamento lateral, arrastrándonos polo chan , a catro patas, saltando a pes xuntos, ......
- Podedes poñer cada papel nunha habitación diferente.
- Propón ti unha variante

viernes, 3 de abril de 2020

Actividade física e un reto de regalo

A profe Berena, fixo uns vídeos estupendos con actividades para fecer na casa. Cando finalices de facelo.... propóñovos un reto.



E agora, toca o reto. Inténtao facer no menor tempo posible. Colle un cronómetro e apunta canto tempo tardas. Faino durante diferentes días a ver se vas mellorando a túa marca.



Que tal  saiu o reto? Podedes poñer as vosas opinións e resultados nos comentarios.

miércoles, 1 de abril de 2020

A mariola

Seguimos cos saltos.
 A mariola é un xogo que todos coñecemos , verdade?

Juego Rayuela Gigante Para Jardín con Ofertas en Carrefour | Las ...

Pois vouvos presentar a "Mariola Africana" (aínda que algún curso xa a coñece). Propóñovos distintos niveis, quen será capaz de facer todos?






Agora, o nivel mais dificil. Convence a túa familia para que o faga contigo.


Escoba 2

Se acercan las vacaciones,después de este curso tan tan raro, vamos a terminarlo con un poquito de movimiento. Os dejo otra clase donde vam...